

jueves, 28 de julio de 2011
taller de arte para niños/as
martes, 26 de julio de 2011
lunes, 18 de julio de 2011
concierto ataque escampe
A Regueifa Discos presenta
ATAQUE ESCAMPE – VIOLENTOS ANOS DEZ
O grupo musical galego Ataque Escampe comezou a compor cancións en
2002 e a gravalas e interpretalas en directo a partir de 2007, nun formato, na
altura, principalmente acústico. Após o EP Ed Wood e a invasión dos
paraugas asasinos (2007), editado só online no netlabel A Regueifa
Plataforma e co que bautizaron o seu estilo como “rock de serie B”, saltaron
á fama no mundo do pop-rock en galego co LP Galicia es una mierda
(2008), xa en formato CD no selo A Regueifa Discos, que nunca
abandonaron até a data. Aquel traballo (que non veu sen polémica) foi un
dos primeiros exemplos neste século de ironía e autoparodia na música do
país. En 2009, ademais do EP de remesturas electrónicas do disco anterior a
cargo do Dr. Painkiller, Galicia es una fiesta (outra vez só disponíbel en
internet), publicaron o seu segundo disco longo, A grande evasión, que
traballaba co patrón da idea da viaxe e de a pouco comezaba a separarse do
son acústico para encontrar novos espazos sonoros. En febreiro de 2011 o
grupo publicou o comunicado “As Ataque Escampe decrecen (para seren
máis felices)” no que reforzaban explicitamente o seu compromiso coa
autoxestión e a independencia e marcaban un punto de inflexión na súa
carreira mediante un posicionamento claro sobre un mundo cultural galego
(e non só) máis pobre política e economicamente. O comunicado foi,
tamén, o anuncio do seu último traballo, Violentos anos dez, publicado en
abril de 2011 en internet e en xuño en formato físico: un digifile de tiraxe
limitada gravado por Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro e
distribuído, a diferenza dos anteriores, polo propio grupo. Violentos anos
dez é un exercicio de autoconsciencia doloroso pero optimista, con

"O mundo arderá. Verémolo arder.
É o momento de parar o xogo de forzas centrípetas (Galicia es una mierda)
e centrífugas (A grande evasión) e debuxar algunhas outras constelacións.
É o momento no que o ambiente que nos envolve é tan abafante que nos
sentimos, curiosamente, máis despreocupadas e serenas que nunca. Os
anos dez traen a cara engurrada dos policías xubilados. Tanto nos ten:
nunca seremos policías e nunca estaremos xubiladas. Facemos cancións
porque non temos emprego. Non queremos dicir, porque se trata case dun
tópico, que o ritmo do baile son os latexos de milleiros de pequenos
corazóns subalternos. Mais ímolo dicir: o ritmo do baile son os latexos de
milleiros de pequenos corazóns subalternos. Desta vez si, ficamos na
periferia. O Haití é aquí. Os negros aforcados balánzanse entre os
eucaliptos. Doce fogar, Alabama. Pasaremos a bailar as noites no ghetto, e
será importante. Estamos por todas as partes e somos invisíbeis desde os
avións."